martes, 25 de xaneiro de 2022

TERCEIRO DESAFÍO

BENQUERIDAS E BENQUERIDOS NENAS E NENOS DO NOSO COLE:

           Achégase un día ben importante no colexio, e para iso, Ágatha e Sherlock piden a nosa axuda               novamente.

 Na carta que nos enviaron, coméntannos que o 30 de xaneiro se conmemora un día moi importante,     sabedes cal...pois é o día da Paz e da non violencia escolar...pero realmente sabedes o que iso significa?


 

Pois para axudarvos , Maruxa, da man dos seus amigos fixo esta presentación.

 

              


        Ademais , propóñenvos coñecer a outra personaxe dun conto moi especial, as pistas que vos dan             son as seguintes:



Coñecedes a personaxe? Pois para saber algo máis dela , mirade este vídeo co conto que protagoniza:



A historia de Wangari é ben interesante, para os que queirades saber máis dela, premede no seguinte enlace e poderedes ler sobre a súa vida.
Esta Maruxa non para, despois de averiguar o desafío deixou unhas tarefas diderenciando entre os niveis:
- PARA OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL , PRIMEIRO E SEGUNDO:
Tiñan que descubrir o nome e levar a papeleta ao buzón da biblioteca anotando o nome.


- PARA OS MEDIANOS DE TERCEIRO E CUARTO:



- PARA OS MAIORES DE QUINTO E SEXTO:







SEGUIREMOS EN CONTACTO AMIGUIÑOS

Un bruxibiquiño, Maruxa.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.