martes, 11 de xaneiro de 2022

UN ANO DE CONTOS

 Ola a todas e todos:

Bo ano teñades! Como foron as vacacións de Nadal? No meu caso, paseino moi ben. Reunínme cuns amigos e amigas: Carapuchiña Vermella, O Lobo Feroz que xa non é tan feroz, Cincenta...e todos xuntiños ao carón do lume da lareira decidimos agasallarvos cunha bolsas de tea onde dentro estaban uns contiños e unha caixiña para que poidades traballar nas aulas iso que nos gusta tanto: OS CONTOS. 

Damos así comezo a un proxecto que leva por título: UN ANO DE CONTOS.

Déixovos aquí as fotos do mesmo e unha presentación do que imos ver de cada conto.

ÁNIMO RAPACES!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.